top of page

Un lume forestal afecta dende onte a noite á parroquia rodeirense de Carboentes

Segundo as primeiras estimacións da Consellería de Medio Rural a superficie afectada é de 1,73 hectáreas rasas


Ecos da Comarca/Rodeiro

FOTO DE ARQUIVO.

Un lume forestal afecta dende onte domingo á parroquia rodeirense de Carboentes. Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural (9:50 horas) o incendio comezou onte ás 20:32 horas.


Está controlado dende as 3:57 desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións a superficie afectada é de 1,73 hectáreas rasas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 axentes, 6 brigadas, 1 motobomba, 1 pala, 2 avións e 1 helicóptero.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page