top of page

Un lume calcina unhas 4,5 hectáreas de monte entre Berredo e Eidián, en Agolada

Dende o 30 de marzo xa se orixinaron neste municipio ao menos seis incendios forestais


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

Un helicóptero hoxe no lugar. Autor: Ecos da Comarca.

Esta tarde o equipo de ECOS DA COMARCA desprazámonos a un lume forestal que afectou ao monte situado entre as parroquias agoladesas de Berredo e Eidián.

Autor do vídeo: Ecos da Comarca

Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural ás 20:36 horas, a superficie afectada é dunhas 4,5 hectáreas e está estabilizado dende as 20:08horas.

O lume de hoxe. Autor: Ecos da Comarca.
Autor: Ecos da Comarca.

O lume comezou ás 18:37 horas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 axente, 6 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros", informa Medio Rural.

Os bombeiros forestais hoxe no lugar. Autor: Ecos da Comarca.

Cabe mencionar que nas últimas semanas dende o 30 de marzo xa se orixinaron ao menos outros cinco lumes máis neste municipio.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page