top of page

Un incendio "provocado" en Silleda afectou a un camión e un coche

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O incendio desta madrugada en Silleda.

Esta noite orixinouse un incendio no casco urbano de Silleda que afectou a dous vehículos.

O vídeo que publicou o Concello de Silleda.

"Dende o Concello de Silleda lamentamos os graves feitos acontecidos esta madrugada na rua Morón, nas inmediacións da praza Mestre Mateo cun incendio provocado que afectou a un camión e un coche", sinala a administración local".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"As forzas da orde están xa traballando na investigación deste grave incendio. Así mesmo apelamos á colaboración cidadá para tratar de esclarecernos mesmos", engade o Concello.

Fotos cedidas por unha veciña.

"Foi intencionado. Dous chicos que saían dun bar viron a outro correndo cun bidón... E salvouse o camión de atrás, porque xa tiña palla seca enriba do neumático", indícanos unha veciña do lugar.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page