top of page

Un incendio forestal, que todo apunta a que foi intencionado, calcina 3,5 ha en Vilatuxe, Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Onte, domingo, orixinouse un incendio forestal na parroquia lalinense de Vilatuxe. Segundo os datos da Consellería de Medio Rural o lume iniciouse sobre as 13:30 horas en tres puntos de xeito case simultáneo, o que dá idea de clara intencionalidade.

O lume de onte. Autor: Miguel Medela.
O lume de onte. Autor: Miguel Medela.

O incendio permaneceu controlado desde as 19:27 horas. Afectou, segundo as últimas estimacións, arredor de 3,5 hectáreas, a maior parte delas de monte raso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para o seu control, mobilizáronse en total 2 técnicos, 5 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 3 helicópteros e 4 avións. 






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page