top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un incendio deixa unha vítima mortal en Oleiros

Ecos da Comarca/Xeral

Un incendio deixa unha vítima mortal en Oleiros. O seu piso resultou completamente calcinado por un lume, que percibiron os veciños pasadas as tres desta madrugada.

Así o reflectiron mediante as súas chamadas ao 112 Galicia, nas que insistían en que nesa casa vivía unha muller.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron en marcha os correspondentes protocolos para a mobilización dos seguintes recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arteixo, Grupo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. Tamén foron alertados os axentes da Policía Local e da Garda Civil.


Publicidade

Dirixíronse, entón, á Rúa da Beiramar, onde se producía este incendio, que revelou unha nova vítima mortal, e deixou danos irreparables, pois toda a vivenda resultou calcinada. De feito, os pisos lindeiros deberon ser desaloxados como medida de seguridade.


Unha vez que os Bombeiros de Arteixo lograron as condicións necesarias para acceder ao interior do piso, localizaron o corpo sen vida dunha muller. Ademais, observaron que o lume puido iniciarse na habitación e estendeuse ao baño e ao salón-comedor. 

Tanto fume provocado polo incendio era evidente para os veciños e veciñas, que tocaron na porta con insistencia sen atopar resposta.


Publicidade

Pola contra, e debido á urxencia do traslado médico, o vehículo quedou na vía, pero encargaríanse os axentes da Garda Civil de Tráfico e os equipos de emerxencias da sinalización e conservación das medidas de seguridade na calzada.


Así, ademais dos sanitarios e dos axentes de Tráfico, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Viveiro e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. 



0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page