Un incendio deixa danos materiais nunha casa de madeira en Guntín
- ecosdacomarca

- 5 ago 2023
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Un incendio declarado nunha casa de madeira localizada na parroquia de San Mamede de Lousada, no concello lucense de Guntín, provocou diversos danos no inmoble.
Segundo a información facilitada polo particular que chamou ao 112 Galicia poucos minutos antes das cinco horas da tarde de hoxe, un curtocircuíto puido ser o factor que desencadeou as lapas. Durante a súa comunicación coa central de emerxencias, indicaba que o propietario da vivenda estaba fóra da mesma no momento dos feitos.
Publicidade
Nada máis ter constancia do suceso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Chantada e dos membros do GES Friol-Palas.
Arestora, os equipos de extinción seguen traballando no lugar e confirman ao 112 que o incendio está controlado.
Publicidade
Cómpre sinalar que non hai outras vivendas lindeiras á casa incendiada. Co fin de coñecer as causas do suceso, ao lugar tamén acudiron axentes da Garda Civil.








Comentarios