top of page

Un incendio calcinou a cociña dunha vivenda e deixa tres persoas trasladadas por inhalación de fume en Santiago

Ecos da Comarca/Xeral

Un incendio calcinou a cociña dunha vivenda e deixa tres persoas trasladadas por inhalación de fume en Santiago, tal e como informa o 112 Galicia. Todas foron evacuadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Pasadas as 15 horas, os bombeiros composteláns contactaron co 112 Galicia e sinalaron que os alertaran dunha cociña ardendo na rúa dos Salgueiriños de Arriba.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

De inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Nacional e Local.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os Bombeiros controlaron rapidamente o lume, que comezou na campá extractora e calcinou a cociña por completo. Previamente, os ocupantes da  vivenda trataran de apagalo cun extintor e tiveron que ser trasladados por inhalación de fume.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page