Un incendio afectou a unha explotación gandeira no concello de Arzúa
- ecosdacomarca

- 6 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Onte, martes, pola tarde declarouse un incendio no interior dunha explotación gandeira situada en Sedor, na parroquia da Castañeda, no concello de Arzúa.

Foron varios os particulares que alertaron ao 112 Galicia arredor das 19:00 horas, ao ver saír fume dunha nave agrícola. Segundo a información facilitada, no interior estaban a arder rolos de herba seca.
Publicidade
Desde o 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil e a Protección Civil. Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron o colapso do tellado da nave e solicitaron apoio adicional, polo que tamén foron informados os Bombeiros de Ordes.
Publicidade
Nas últimas hora traballaron os equipos de extinción e veciños de distintos lugares que se desprazaron con tractores, cisternas e pás para axudar a retirar a herba do interior e poder apagala no exterior.








Comentarios