top of page

Un home trasladado en helicóptero logo dunha colisión entre un tractor e un camión en Vilasantar

Ecos da Comarca/Xeral

Un home foi trasladado logo dunha colisión entre un tractor e un camión en Vilasantar. Debido á colisión, unha persoa resultou ferida e tivo que ser evacuada a bordo da aeronave medicalizada con base en Ourense, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente de hoxe. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Varios particulares alertaron ao 112 Galicia dun accidente entre un tractor e un camión pouco despois das 15:30 horas na AC-840, ao seu paso por Vilasantar. Ao mesmo tempo indicaban que unha das persoas involucradas, o condutor do tractor, estaba tendida no chan e precisaba asistencia sanitaria urxente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Sen perder tempo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Arzúa, GES de Curtis, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Vilasantar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Debido ao seu estado, o condutor do tractor tivo que ser trasladado polo Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 empregando o seu helicóptero medicalizado.

Pola súa parte, o tractor quedou envorcado logo da colisión, mentres que o camión permaneceu na cuneta. Isto provocou que houbese que cortar a circulación pola vía en ambos sentidos, aínda que nestes intres xa está restablecida.



Komentáre


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page