Ecos da Comarca/Xeral
Un home resultou ferido tras quedar atrapado debaixo dunha fresa en Piñor (Ourense). O implicado xa estaba liberado cando chegaron ao punto os servizos de emerxencias.

Foi un particular quen, dez minutos despois das 18 horas, chamou ao 112 Galicia e informou dun home que quedara atrapado debaixo da fresa que manexaba en Carballediña, Coiras. Segundo explicaron os alertadores, o ferido estaba manipulando a ferramenta, equipada no seu tractor, cando ocorreu o accidente.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Piñor.
Os servizos de emerxencias comprobaron cando chegaron que a persoa xa se atopaba liberada. Ao mesmo tempo, os equipos sanitarios informaron da mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar.
Comments