top of page

Un home resultou ferido no Corgo ao saltar pola ventá dunha casa en chamas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un home resultou ferido no Corgo ao saltar pola ventá dunha casa en chamas. Foi el mesmo quen se achegou ao centro de saúde desta localidade lucense alertando de que estaba a arder a súa casa, situada no Corgo. A continuación, foi evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Deste xeito, o persoal do Punto de Atención Continuada do Corgo contactou co 112 Galicia preto das 20:30 horas do domingo, e explicou que o ocupante da vivenda era o único implicado e que resultou ferido tras saltar pola fiestra para escapar do incendio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil. Ademais, no operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os bombeiros extinguiron rapidamente as lapas, que calcinaron só unha habitación, aínda que o fume se propagou por todo o domicilio.



 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page