top of page

Un home resulta ferido de consideración ao caer dunha altura duns tres metros en Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 17 may 2021

Laura Moure/Silleda

Un home precisou asistencia esta tarde ao resultar ferido de consideración despois de caer desde unha altura duns tres metros no lugar de Ansemil, en Silleda.


O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío das seis, a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, debido á gravidade das feridas que sufriu o home, mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago para atendelo. Ademais, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Policía Local para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave.

Un helicóptero do 061.

Autor: Sergas

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page