top of page

Un home queda semi inconsciente despois de ser atropelado en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Un home quedou semi inconsciente despois de ser atropelado en Lalín onte pola tarde. Dúas testemuñas chamaron ao 112 Galicia para solicitar medios de intervención.

O accidente produciuse ás 19:30 horas deste domingo na Avenida de Luis González Taboada, na capital de Deza. Un home foi alcanzado por un turismo e as lesións era evidentes: sangraba bastante e estaba semi inconsciente. 


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a axuda dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Garda Civil e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil. 


Así, tras recibir os primeiros coidados no mesmo lugar dos feitos, o ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page