Un home prende lume a tres coches dunha empresa de aluguer de vehículos en Santiago
- ecosdacomarca
- 12 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os Bombeiros de Santiago apagaron un incendio que afectou a tres turismos dunha empresa de aluguer de vehículos. A rápida actuación dos servizos de extinción municipais evitou que o lume se propagase a outros coches estacionados e a unha vivenda próxima.
Pasaban as 20 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar de que ardían varios coches nunha empresa de aluguer de vehículos situada en Sabugueira, no lugar do Noval. Segundo a versión do alertador, tratouse dunha acción intencionada por parte dunha persoa que entrou no establecemento.

Rapidamente, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago e da Policía Nacional.
Publicidade
O lume, que comezou nun dos vehículos, propagouse rapidamente a outros dous estacionados nas proximidades. Á súa chegada, os bombeiros procederon a atallar as lapas e a refrixerar a zona.
As forzas da orde encárganse de investigar o acontecido.
Comments