O suceso tivo lugar na parroquia de Toiriz cando a vítima de 62 anos estaba collendo noces
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Un home resultou ferido de consideración despois de caer desde unha altura de catro metros na Cima de Aldea, na parroquia cruceña de Toiriz.
O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás cinco e media a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e dos axentes da Garda Civil.
Tal e como indica Protección Civil da localidade o home, de 62 anos, estaba recollendo noces enriba dun cuberto e resbalou precipitándose ao chan.
Comments