Ecos da Comarca/Melide
Un home foi trasladado a bordo do helicóptero logo dun accidente en quad en Melide, tal e como informa o 112 Galicia. Sen embargo, fontes oficiais indicaron a este medio que se trata dun menor de 17 anos. O particular que deu o aviso indicou que non lle parecía que o ferido estivese grave.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente minutos despois das 12:30 horas, logo de que un alertador informase dunha saída de vía dun quad, no Vilar, pertencente á parroquia de Santalla de Agrón.
Publicidade
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melide.
O persoal sanitario mobilizou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, ata onde foi trasladada a persoa implicada no accidente.
Comments