top of page

Un home foi excarcerado polos equipos de emerxencia tras sufrir unha saída de vía en Forcarei

Ecos da Comarca/Xeral

Un home resultou ferido, e tivo que ser excarcerado, despois de saírse da vía o turismo no que viaxaba ao seu paso polo concello pontevedrés de Forcarei.


O accidente ocorreu ás 11:00 de hoxe e, segundo a información facilitada pola persoa particular que chamou ao 112 Galicia, o home sufriu un accidente mentres circulaba pola estrada que une as localidades de Covas e Soutelo de Montes, ao seu paso pola parroquia de Millarada. Durante a súa comunicación cos xestores do 112, o alertador indicaba que o ferido necesitaba axuda tras quedar atrapado no interior do vehículo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña aos Bombeiros do Deza e aos membros do GES de A Estrada, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar ao ferido. Ata o punto tamén desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de protección Civil de Forcarei.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Unha vez rematadas as labores de excarceración, o condutor foi evacuado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page