top of page

Unha persoa perdeu a vida logo de colidir contra un camión en Ames

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa perdeu a vida logo de colidir contra un camión en Ames. O falecido era o único ocupante do vehículo.

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste accidente un cuarto de hora despois das 20:00 horas. Segundo indicaron varios alertadores, un coche e un camión chocaran no quilómetro 2 da AC-544, co condutor do turismo sen poder saír logo do impacto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Decontado, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Logo da chegada dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que o condutor do coche perdera a vida, sen que nada puidesen facer por evitalo. Ademais, os membros do GES de Brión indicaron que sería preciso o uso do material de excarceración para liberar ao falecido.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page