Un home foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente co seu tractor en Sobrado
- ecosdacomarca

- 13 mar 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado
Un home foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente co seu tractor en Sobrado. "O ferido tivo que ser evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente mentres traballaba cun tractor nunha zona de monte en Codesoso, Sobrado, A Coruña. O vehículo pasoulle por riba dunha perna, deixándoo atrapado", informa o 112 Galicia.
Publicidade
O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 10:00 horas, cando o propio afectado conseguiu chamar ao número de emerxencias para solicitar axuda. Segundo a información recollida polos xestores, o home atopábase ferido e precisaba asistencia urxente.

De inmediato, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa, ao GES de Friol-Palas e á Garda Civil.
Unha vez liberado, o ferido foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A pesar das contusións e da lesión na perna, permanecía consciente no momento do traslado.








Comentarios