top of page

Un home faleceu tras caer co seu tractor nunha leira da súa propiedade

Ecos da Comarca/Xeral

De momento, descoñécense as circunstancias do suceso, pero os alertadores indicaron que a vítima caera co seu tractor cando traballaba nunha horta da súa propiedade.


O 112 Galicia recibiu o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cando pasaban uns minutos das cinco desta tarde.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Segundo explicaron os profesionais do servizo médico, estaban a mobilizar un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago por mor dun home que caera dun tractor.


Despois de falar cos alertadores, os xestores do 112 informaron tamén aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

 Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Sen embargo, ao pouco tempo, o equipo médico sinalou que o señor estaba falecido e faltaba coñecer as circunstancias deste suceso.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Cómpre recordar que os feitos tiveron lugar nunha leira situada na Rúa da Torre, en Vimianzo.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page