Ecos da Comarca/Xeral
Un home faleceu logo de saírse da vía co seu coche en Santiago de Compostela. Os profesionais sanitarios nada puideron pola vida desta persoa, que viaxaba soa no vehículo cando se accidentou na rúa do Cruceiro da Coruña.
Publicidade
Ás 8:30 horas, os axentes da Policía Local chamaron ao 112 Galicia para solicitar a colaboración doutros servizos de emerxencias no operativo: a situación semellaba grave, e era preciso empregar material de excarceración para liberar ao home.
Publicidade
Nada máis recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Santiago, que se encargaron de excarcerar á persoa.
Publicidade
O persoal dos servizos sanitarios desprazouse ao lugar a bordo dunha ambulancia e só puido confirmar o pasamento do home.
Comments