top of page

Un home faleceu logo de que o sacaran inconsciente do río en Chantada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un home faleceu este martes logo de que o sacaran inconsciente do río en Chantada, tal e como informa o 112 Galicia. O persoal sanitario unicamente puido confirmar o seu falecemento.

Foto de arquivo.

Dez minutos despois das 15 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que acababan de rescatar a un home do río. Estaban no embarcadoiro de Belesar, localizado na parroquia da Sariña e, segundo continuou explicando o alertador, o implicado permanecía inconsciente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os xestores do 112 Galicia trasladaron esta información aos equipos de intervención: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e os Bombeiros e os axentes da Policía Local de Chantada desprazáronse ata o embarcadoiro. Tamén se informou á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Pola súa parte, os servizos sanitarios mobilizaron ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Malia os intentos por reanimar ao home, finalmente confirmouse o seu falecemento no lugar dos feitos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page