Ecos da Comarca/Xeral
Un varón faleceu en Mos tras precipitarse por un terraplén coa súa cadeira de rodas
Os membros do GES de Mos rescataron á persoa que foi atendida de inmediato polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sen embargo, malia os intentos, nada puideron facer por salvarlle a vida.
Publicidade
Cinco minutos despois das doce e media deste mediodía, un particular contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia sanitaria para un señor con minusvalía que ía en cadeira de rodas e que acababa de precipitarse por un terraplén, na baixada á Picota, en Tameiga, no concello pontevedrés de Mos.
Publicidade
Desde o 112 Galicia avisouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que axiña solicitaron colaboración para poder rescatar ao varón. Por iso, ata o lugar tamén acudiron, nada mais ser informados polo 112 Galicia, os membros do GES de Mos e a Policía Local. Igualmente, os xestores do 112 tamén informaron dos feitos aos Bombeiros de Vigo.
Publicidade
Unha vez rescatado e tras o intentos de reanimación, tan só se puido confirmar o pasamento do home.
Comments