Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Unha colisión entre dous turismos saldouse a pasada noite cunha persoa falecida e outra ferida no concello de Antas de Ulla.
Publicidade
No momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola N-640 ao seu paso pola parroquia de Dorra. Así o indicaba un dos particulares implicados no sinistro que chamou dez minutos antes das 23 horas ao 112 Galicia para pedir axuda. Tratouse dunha colisión entre dous vehículos.
Publicidade
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron decontado en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil.
Publicidade
Malia os esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida ao condutor dun dos vehículos implicados no accidente. A maiores, outra persoa foi atendida no punto polo persoal sanitario debido a feridas leves, aínda que non foi necesario o seu traslado.
Comments