Un home, evacuado en helicóptero logo de cortarse cunha rebarbadora en Muros
- ecosdacomarca
- 27 mar
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un home tivo que ser evacuado hoxe en helicóptero logo de cortarse cunha rebarbadora en Muros, tal e como informa o 112 Galicia. Un familiar chamou decontado ao 112 Galicia despois de realizarlle un torniquete.

O corte, cunha rebarbadora, produciuse nunha das extremidades superiores, preto da man, e parecía afectar ás arterias. Así o explicaron os membros do GES de Muros, que acudiron ao lugar do accidente co fin de colaborar nas labores de aterraxe do helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Segundo explicaron os alertadores a través do 112, o home estaba a realizar traballos domésticos cunha rebarbadora cando sufriu un corte profundo cuxa hemorraxia trataron de conter mediante a aplicación dun torniquete.
Publicidade
Ademais do equipo médico, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a colaboración dos efectivos do GES de Muros e avisaron aos axentes da Garda Civil.
Cómpre indicar que o accidente localizouse nun domicilio do lugar da Pendente, en Esteiro, Muros, e o ferido foi recollido polo helicóptero e trasladado a Santiago.
Comments