top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un home evacuado en helicóptero ao saírse da vía en Aranga

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Un home tivo que ser trasladado a bordo do helicóptero medicalizado ao saírse da vía en Aranga, tal e como informa o 112 Galicia. O accidente produciuse na A-6, no quilómetro aproximado 549 ao seu paso polo concello de Aranga, dirección A Coruña.


Publicidade

Publicidade

Faltaban 10 minutos para as 18 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso por parte do Servizo de Urxencias Sanitarias-061 do accidente. Segundo comentaba o persoal sanitario, producírase unha saída de vía contra a mediana e había un varón ferido, debido a que recibira diversos golpes na cabeza.


Publicidade

De inmediato, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Betanzos, aos membros do GES de Curtis, aos axentesu da Garda Civil e aos membros de Protección Civil.


Publicidade

Finalmente, o persoal sanitario decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o punto para o posterior traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page