top of page

Un home de avanzada idade foi trasladado en Guntín por unha posible inhalación de fume

Ecos da Comarca/Guntín

Un home de avanzada idade foi trasladado en Guntín por unha posible inhalación de fume. As medicións realizadas polos servizos de emerxencias achegaron resultados negativos, aínda que a estancia afectada xa estaba ventilada cando chegaron.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo constancia desta incidencia quince minutos antes das 21 horas do martes, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que á súa vez foi contactado por un familiar do implicado. Este atopouse ao home inconsciente na súa vivenda do lugar de Meixaboi, en Guntín de Pallares.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais dos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia solicitouse a participación dos Bombeiros de Chantada, que non chegaron a actuar, do GES de Monterroso e dos axentes da Garda Civil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cando chegaron ao punto, os membros do GES de Monterroso realizaron as medicións correspondentes e comprobaron que os resultados eran negativos. Deste xeito, explicaron que o home posiblemente inhalara unha importante cantidade de fume dunha cociña de leña que non funcionaba correctamente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os servizos sanitarios evacuaron en ambulancia ao implicado, que para entón aínda non recuperara a consciencia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page