top of page

Un ferido tras chocar contra un gardarraíl na coñecida como recta de Sello, no municipio de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Unha persoa quedou ferida esta mañá tras saírse da vía o coche que conducía e acabar impactando contra un gardarraíl. O suceso tivo lugar ao redor das dez da mañá na coñecida como recta de Sello, na estrada que une os municipios de Lalín e Vila de Cruces, tal e como informou o 112 Galicia.

Foto arquivo.

Foi un particular o que alertou ao 112 indicando que o condutor estaba ferido, pero que estaba liberado e accesible.


Mobilizouse aos servizos sanitarios, aos bombeiros de Deza, ao GES de Lalín, a Policía Local e a Garda Civil.


Cabe mencionar que este non foi o único suceso ocorrido este xoves nesta estrada. Pola tarde, un ciclista sufriu una caída. Toda a información desta nova no enlace:


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page