Un ferido tras chocar co seu vehículo contra unha farola en Arzúa
- ecosdacomarca
- 8 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O municipio de Arzúa rexistrou este martes ao menos dous accidentes de tráfico. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu ás 17:21 horas unha chamada dun particular na que indicaba que un coche impactara contra unha farola na localidade de Arzúa.

En concreto, o suceso ocorreu na rúa Baltasar Pardal, moi próxima ao Cuartel da Garda Civil, tal e como informa o 112. O particular indicaba que o condutor estaba liberado, accesible e que se atopaba xa fóra do vehículo, pero que precisaba asistencia sanitaria.
O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil e á Policía Local.
Como indicamos liñas máis arriba non foi o único accidente rexistrado este martes neste municipio. Un motorista tamén resultou ferido en Villantime. Toda a información sobre este no seguinte enlace:
Comentarios