O suceso ocorreu no lugar de Marín
Ecos da Comarca/Melide
Ao redor das 13:30 horas deste sábado produciuse un accidente na parroquia melidense de Xubial. Concretamente, ocorreu na AC-840 no lugar de Marín e vironse implicados tres vehículos, tal e como informa o 112 Galicia.
Foron dous particulares os que avisaron a Emerxencias. O 112 Galicia alertou ao 061, á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Melide e tamén se informou á Protección Civil desta localidade e aos bombeiros de Arzúa.
Debido ao impacto, e tal e como lle indicou a Policía Local ao 112 Galicia, unha persoa resultou ferida e tivo que ser traslada en ambulancia.
Commenti