top of page

Un ferido nun accidente en Arzúa no que se viron implicados dous vehículos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Este domingo produciuse un accidente en Arzúa no que se viron implicados dous coches e que se saldou cunha persoa ferida, en principio de carácter leve. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 13:49 horas.


O suceso tivo lugar na estrada que sae da A-54 a medio quilómetro aproximadamente dirección á localidade de Arzúa. Pasaron aviso a Emerxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Arzúa e tamén foron informados os bombeiros e Protección Civil do municipio.

O accidente este domingo en Arzúa. Autor: Ecos da Comarca.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page