Un ferido leve nunha saída de vía en Touro
- ecosdacomarca
- 28 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro

Este xoves produciuse un accidente no municipio de Touro que se saldou cunha persoa ferida. O suceso ocorreu uns minutos antes das seis da tarde. Tivo lugar na parroquia de Loxo.
Publicidade
"Foi o propio condutor o que nos chamou e nos dicía que tiña dor cervical a causa do accidente", informa o 112 Galicia. "Foi unha saída de vía na estrada que vai de Loxo a Bama e o vehículo non obstaculizaba a circulación", engade.
Publicidade
Con estes datos, deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Touro.
Kommentare