top of page

Un ferido leve nunha colisión na parroquia lalinense da Veiga

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Este martes produciuse un accidente na N-640 no quilómetro 171 á altura da parroquia lalinense da Veiga. O suceso ocorreu sobre as 14:15 horas.

Foto de arquivo.

Tal e como informa o 112 Galicia foi unha colisión por alcance na que se viron implicados dous turismos. "Foi un particular o que nos avisou e nos dixo que non había feridos", indica o 112 Galicia. Desta maneira, movilizou á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento de Estradas e tamén se informou ao GES de Lalín e aos Bombeiros de Deza.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Tempo despois outra persoa indicábanos que un dos condutores queixábanse dunha dor no lombo polo que avisamos tamén a Urxencias Sanitarias", puntualiza o 112.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page