Ecos da Comarca/Lalín
Este sábado tivo lugar un accidente entre dous vehículos no municipio de Lalín que se saldou cunha persoa ferida leve. O 112 Galicia foi alertado ás 17:13 horas.
"Foi un dos particulares implicados o que nos avisou e dicíanos que se trataba dunha colisión por alcalce entre dous vehículos e que había unha persoa ferida leve", informa o 112 Galicia. Ademais, indica que o suceso ocorreu na N 525 á altura aproximadamente do quilómetro 295 na parroquia de Bendoiro.
Publicidade
Con estes datos, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, a Emerxencias Lalín, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Deza.
Publicidade
"Tempo despois, indicáronos que os implicados estaban facendo un parte amistoso e que os vehículos non obstruían a circulación", engade o 112 Galicia.
Comments