Ecos da Comarca/Lalín

Este venres tivo lugar un accidente no municipio de Lalín. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida leve. Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia ás 18:26 horas.
Publicidade
"Indicáronos que se tratou dun choque dun coche e un tractor e que como consecuencia unha persoa queixábase de dor das cervicais", informa o 112 Galicia. Ademais, sinala que o sinistro tivo lugar na estrada EP-6203 á altura da parroquia de Maceira.
Publicidade
Con estes datos, deu aviso a Urxencias Sanitarias, ao GES de Lalín, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Deza.
Comments