A vítima foi atendida por unha ambulancia do 061
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A parroquia cruceña de Piloño rexistrou esta tarde un incidente que se saldou cun ferido leve tras caerlle unha árbore sobre o coche no que conducía. O suceso ocurriu pasadas ás 20:00 horas da tarde. Ao lugar desprazouse unha ambulancia do 061 para atender á vitima que tiña feridas na cabeza. Tamén se personaron no lugar os bombeiros de Silleda, o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Lalín e axentes da Garda Civil de Tráfico.
Accidente hoxe en Piloño
Fonte: Bombeiros de Silleda
Comments