top of page

Un falecido e 12 trasladados nun accidente entre un autobús e dous coches en Ribadumia

Ecos da Comarca/Xeral

Este domingo rexistrouse un accidente en Ribadumia (Pontevedra) que se saldou cunha persoa falecida e 12 trasladadas. Tratouse dun sinistro entre un autobús e dous coches. Os dous ocupantes do coche do falecido tiveron que ser excarcerados.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 15:30 horas, momento no que un particular non implicado informou dunha colisión entre dous turismos e un autobús no quilómetro 3 da VG-4.2, sobre unha ponte. Segundo o alertador había feridos e atrapados.

Con estes datos, Desde o CIAE 112 Galicia avisouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia e á Garda Civil de Tráfico.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os servizos de emerxencia desprazados confirmaron que o copiloto dun dos coches perdera a vida tralo accidente. Tivo que ser excarcerado pola dotación de bombeiros, ao igual que o seu compañeiro, o condutor. Ademais, as urxencias sanitarias, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, indicaron que fora preciso trasladar ata a doce persoas a diferentes hospitais e centros de saúde, as tres do segundo coche ao ser feridos de carácter leve, e varias persoas do autobús por ataques de ansiedade.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page