top of page

Un edificio de Melide, desaloxado a causa dun incendio nunha cociña

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

IsmaelRS/Melide

Incendio de hoxe en Melide. Fonte: Bombeiros de Arzúa

Os axentes da Policía Local desaloxan un edificio en Melide a causa dun incendio declarado nunha cociña.


Con estas medidas de precaución, garantiuse o benestar dos veciños mentres os bombeiros apagaron o lume e ventilaron as instalacións.


Un incendio, por certo, de escasa entidade e que afectou tan só a unha campá extractora. De feito, cando chegaron os efectivos do parque comarcal arzuano, o incendio estaba practicamente sufocado e só quedaba un intenso fume que compría disipar.


Segundo a información recollida no 112 Galicia, todo comezou preto deste mediodía nun baixo comercial dun inmoble situado na Avenida América, en Melide. Para facer fronte a situación, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia enviou senllos avisos aos Bombeiros de Arzúa, aos axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Mentres os efectivos de extinción se ocupaban do incendio, a Policía desaloxou o edificio co fin de protexer as persoas e facilitar o traballo dos bombeiros.


Por fortuna, ninguén resultou afectado e os danos cinguíronse á campá extractora dunha cociña.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page