Laura Moure/Santiso
A pandemia leva dous anos privándonos das verbenas galegas e das múltiples romarías que se enchían de xente para honrar ás distintas festividades. Estas xa forman parte da nosa cultura e cada día añorámolas máis. Séntese esa morriña de ir á misa, desfrutar da sesión vermú, das comidas coa familia e de aguantar ao ritmo das orquestras ata altas horas da madrugada.
Son múltiples os festexos que se celebraban nos distintos recunchos das comarcas. Un destes son os de Ponte Arcediago (Santiso) que arrancaban un día coma hoxe. O 14 de setembro, na horna a Santa Cruz, e o 15, á Virxe das Dores.
"Hai que ir ao 14 da Ponte!" Era unha cita marcada no calendario, que non nos perdiamos tampouco os veciños dos concellos limítrofes. Para moitos estas festas significaban a fin do verán, porque eran as últimas festas da contorna e tamén con elas moitas das veces comezaban as clases escolares, pero non se podían perder, e dende pequenas desfrutabamos delas aínda que só fose un pouco!
Oxalá pronto volva o 14 da Ponte e todas as festas con toda a súa esencia e que este virus nos deixe de novo desfrutar da familia tanto como quixeramos e das nosas verbenas!
תגובות