Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Un cruceño contactou con ECOS DA COMARCA para instar ao goberno local a que leve a cabo o mantemento dun vial municipal que dá acceso a tres vivendas.
Publicidade
"Escríbovos como veciño de Vila de Cruces para denunciar publicamente a falta de mantemento dunha pista de acceso situada na parroquia de Oirós (Vila de Cruces). Esta pista é o único acceso mediante vehículo para tres casas", sinala.

"Fai máis de tres anos que o señor Luis Taboada visitou como alcalde o lugar en cuestión. O alcalde comprobou persoalmente o mal estado do acceso desta pista e prometeunos reparalo e tamén acondicionar con farois este acceso que a día de hoxe carece de luminarias. Entendo que despois de repetidas chamadas e comunicacións durante estes anos pola miña banda, chego á conclusión que quen non promulga cos intereses políticos do Goberno local actual non ten os mesmos dereitos que o resto de veciños", resalta.
Publicidade
Comments