top of page

Un contacontos sobre Luísa Villalta pecha hoxe en Arzúa a programación Primavera de Cultura

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, dirixido polo concelleiro José Luís García, organiza hoxe, venres 31, unha función do espectáculo De Castro a Villalta co que se dará por finalizada a programación de actividades dos meses de abril e maio que, baixo o título Primavera de Cultura, ofertou 12 propostas para todos os públicos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

A actividade que pechará este programa trátase dun contacontos a cargo da compañía A Xanela do Maxín que representará este venres De Castro a Villalta. Este espectáculo pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta. Está función vai dirixida ao público escola e terá lugar hoxe na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro ás 11:30 horas, en horario lectivo, e nela participarán 50 alumnas e alumnos de 4º de Primaria do CEIP de Arzúa e do Colexio Nosa Señora do Rosario.

Actuación de Rondalla Moraima e Voces da Terra o pasado 20 de abril dentro da programación de Arzúa.

A programación Primavera de Cultura contou cunha ducia de actividades gratuítas e para todos os públicos con propostas arredor do Día do Libro e das Letras Galegas. Así, a través da música, artes escénicas, exposicións, encontros e presentacións literarias fomentouse a lectura e o coñecemento e visibilización das nosas Letras e tradicións.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O concelleiro de cultura, José Luís García, destaca desta programación que finaliza a “ampla intervención dos distintos centros educativos, asociacións e artistas locais e a boa acollida por parte do público contando todas as iniciativas cunha alta participación como sucedou, por exemplo, na exposición do colectivo LUCET que alcanzou as 668 visitas durante a súa estadía na Capela da Madanela". García tamén avanza que na vindeira semana presentarase ao completo a programación cultural do verán.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page