Un condutor sufre un mareo e colisiona co seu vehículo contra outros dous en Arzúa
- ecosdacomarca
- 11 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa

Este venres produciuse un accidende de tráfico na localidade de Arzúa que se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado por un particular uns minutos antes das 10:30 horas.
O suceso, tal e como informa o 112 Galicia, foi na Rúa de Lugo. "Un coche chocou contra outros dous vehículos. A persoa que nos avisou indicounos que o condutor precisaba asistencia médica", indica o 112.
Publicidade
Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Policía Local e tamén informou a Protección Civil e ao Servizo de Mantemento da Estrada.
Publicidade
"Tempo despois, a Policía Local comunicounos que o condutor sufrira un mareo e como consecuencia sufríu o accidente, pero que só el precisara asistenca sanitaria", apunta o 112.
Comentarios