Un condutor resulta ferido despois de producirse unha colisión entre dous turismos en Sobrado
- ecosdacomarca
- 20 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico entre dous vehículos en Sobrado dos Monxes. O suceso saldouse cunha persoa ferida.
O condutor dun dos vehículos implicados puido saír polos seus propios medios do interior do seu coche e foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital San Rafael da Coruña. No outro vehículo viaxaban unha muller e un menor que, segundo se lle informou ao 112 Galicia, aínda que sufriron feridas non precisaron ser trasladados.

O accidente tivo lugar ao fío das catro desta tarde, na AC-840, no punto quilométrico 330, en Folgoso. A esa hora, os xestores do 112 recibían a chamada dun particular que informaba dun accidente aparatoso entre dous coches.
Así, informouse decontado ademais de ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa, aos membros do GES de Curtis e ao persoal de mantemento da vía.
Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que o home dun dos vehículos puidera saír polo seu propio pé por unha das portas traseiras do vehículo. Con todo, foi precisa a súa evacuación por parte dos profesionais sanitarios. Así mesmo, indicaron que a muller e o menor que viaxaban no outro turismo implicado, aínda que sufriran algunha ferida, non precisaron ser trasladados.
Commentaires