Un condutor queda atrapado tras saírse da vía co seu vehículo
- ecosdacomarca

- 22 nov 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un sistema automático de alertas enviou un aviso e coordenadas de localización ao 112 Galicia.
Eran as 4:30 horas desta madrugada cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia comezaron a tramitar esta petición de axuda, pois existía a posibilidade de que houbese persoas atrapadas dentro do vehículo.

Por iso, contactouse cos Bombeiros de Santiago, que, unha vez no lugar dos feitos, confirmaron as sospeitas e procederon a liberar o único ocupante do turismo.
Publicidade
Despois, encargáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 da atención do ferido, que estaba consciente, e o seu traslado ao centro hospitalario.
Publicidade
Efectivamente, o vehículo saíuse da vía na N-550, ao paso pola Enfesta, en Santiago, e, ademais de bombeiros e sanitarios, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza e mantemento da vía.








Comentarios