Accidente na N-525 no punto km-298, onte as 21:30 da noite
IsmaelRS/Lalín
Unha saída de vía contra un farol, ocorrido a pasada noite en Lalín, fixo que o condutor implicado precisara ser trasladado.
Foron os servizos sanitarios os que alertaron, ás 21:30 horas, ao 112 Galicia do accidente de tráfico ocorrido na estrada N-525 sobre o punto quilométrico 298, en Bendoiro. Engadían que o condutor xa estaba fóra do vehículo pero que precisaba asistencia médica.
Ambulancia no acceso o CHUS
Fonte: Ecos da Comarca
Inmediatamente, desde o CIAE-112 informouse á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Lalín, aos Bombeiros de Silleda e aos membros do Ges da localidade.
Pouco despois e xa desde o lugar dos feitos, o equipo sanitario confirmou que o condutor estaba sendo trasladado en ambulancia cara o Hospital da Rosaleda.
Para manter e restablecer a seguridade na vía, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se informou ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento.
*Cabe mencionar que esta información foi proporcionada polo 112 Galicia.
Comentários