Ecos da Comarca/Lalín
Autor: Emerxencias Lalín
Os Bombeiros do Deza encargáronse de liberar ao único ferido, que viaxaba nun dos coches e que foi trasladado polos servizos sanitarios.
Publicidade
Pasadas as 16:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dun particular. Durante a súa conversa, explicou que acababa de presenciar unha colisión no quilómetro 296 da N-525, ao seu paso pola parroquia lalinense de Bendoiro. Un home permanecía no interior dun dos coches implicados e parecía incapaz de saír polo seu propio pé.
Publicidade
Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chegou a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, dos Bombeiros do Deza, do GES de Lalín, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.
Publicidade
Unha vez no lugar, os bombeiros procederon a excarcerar á persoa ferida, que foi evacuada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.
Comments