Un condutor envorca co seu vehículo ao tratar de esquivar un xabaril en Silleda
- IsmaelRS

- 27 may 2022
- 1 min de lectura
IsmaelRS/Silleda

Un vehículo envorcou na N-525, ao paso por Silleda, a causa dun xabaril que interceptou na vía.
O condutor, que quedou atrapado no interior, chamou ao 112 Galicia para solicitar medios de rescate.
Segundo explicou aos xestores do servizo de emerxencias, era incapaz de abrir fiestras ou portas, polo que pediuse a colaboración dos Bombeiros do Deza. Así, tras as súas manobras de liberación, o ferido foi atendido por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, despois de ofrecer os primeiros coidados, evacuou ao condutor ao centro sanitario de referencia.
Efectivamente, o afectado estivo en todo momento consciente e colaborador ao achegar aos xestores a información necesaria para a súa localización.
Cómpre indicar que o sinistro produciuse pouco antes das seis desta mañá, concretamente no quilómetro 313 da N-525, no lugar de Barravaite, en Silleda. Ata alí desprazouse tamén unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.







Comentarios