Un coche sufre unha saída de vía en Sobrado e cae por un desnivel
- ecosdacomarca
- 24 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
Este venres produciuse un accidente de tráfico no concello de Sobrado dos Monxes que se saldou cunha persoa ferida.

Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia escasos minutos das catro da tarde. "Un vehículo saíuse da estrada en Pousada e caeu por un desnivel dun metro e medio", informa o 112 Galicia. "Había unha persoa que precisaba, en principio, asistencia sanitaria, pero estaba accesible e liberada", engade.
O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico.
Comments