Ecos da Comarca/Toques
Onte, martes, pola tarde tivo lugar un accidente de tráfico no municipio de Toques. Tratouse dunha saída de vía e viuse implicado un único vehículo. O 112 Galicia foi alertado ás 20:01 horas.

"Foi unha persoa particular a que contactou con nós para dicirnos que un vehículo sufrira unha saída de vía, pero que descoñecía se había ou non feridos". O sinistro ocorreu na estrada DP 4604 á altura da parroquia da Capela.
Publicidade
Con estes datos o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico e tamén informou aos Bombeiros de Arzúa.
Foron todos os datos que transcenderon.
Publicidade
Comments