Ecos da Comarca/Monterroso
Esta mañá rexistrouse unha saída de vía no concello de Monterroso, tal e como informa o GES deste municipio. O accidente saldouse cunha persoa ferida.
O suceso ocorreu ás oito da mañá na estrada LU-212 á altura do quilómetro 5 na parroquia do Bispo.
"A condutora e única ocupante foi evacuada en ambulancian debido a unha dor nas costas e todo apunta que o accidente produciuse debido ás placas de xeo que había na vía", sinala o GES.
No sinistro interviron o GES de Monterroso e Urxencias Sanitarias.
Comments